Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joaquín, un xardineiro voluntario en Tui aos 90 anos

Joaquín, un xardineiro voluntario en Tui aos 90 anos

Coida a diario as plantas dun xardín público da localidade e conseguiu facerse co agarimo dos veciños

G24.gal 19/09/2023 20:31 Última actualización 19/09/2023 21:17

Joaquín González peixoto, un veciño de Tui, de 90 anos, coida a diario as plantas dun xardín da localidade. Malia que se trata dun parque público, este home non dubida en dedicar os seus esforzos para que luza o máis bonito posible.

Conta con humor que non lle pagan nin un café por este traballo que aos seus 90 anos fai con gusto. Tampouco cobraba cando se iniciu de neno na xardinería.

Ten acivros, loureiros, gardenias... Todas variedades escollidas por el, que poda e fertiliza cando precisan. Vive cunha neta de 26 anos para a que só ten boas palabras. Ademais dun xardín fermoso, Joaquín conseguiu facerse co agarimo dos veciños da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade