Jordan Domínguez "Tiñamos claro que o que se puxese por diante gañaría"
Jordan Domínguez "Tiñamos claro que o que se puxese por diante gañaría"
O autor do tanto da vitoria compostelanista analizou o derbi ante o Arousa
O encontro da Lomba tivo dous nomes propios, o de Jordan, o único goleador do partido, e Pato Guillén. O porteiro compostelanista atallou un penalti na recta final e permitiulle ao seu equipo levar os tres puntos á capital de Galicia.
Na zona mixta do feudo arousán, o Galicia en Goles conversou co autor do tanto da vitoria santiaguesa, Jordan Domínguez.
"Estou ledo pola vitoria e polo gol. Sabiamos que ía ser un partido complicado. Non se podía xogar raso, había que loitar por arriba. Marcamos o gol e logo tivemos a fortuna de que Pato parou ese penalti. Alegrámonos moito por él. É un porteirazo"
A pesar dos tres importantes puntos, o futbolista pontevedrés foi autocrítico.
"Sufrimos de máis tralo noso gol. Debiamos ter controlado mellor. Tivemos espazos de sobra para correr e non soubemos facelo. Iso si, soubemos sufrir"