Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado: "Este ano podo chegar a un nivel que nunca tiven"

Jorge Prado: "Este ano podo chegar a un nivel que nunca tiven"

O lucense acadou a súa primeira vitoria no mundial 2022 na proba disputada este pasado fin de semana en Portugal

É segundo na clasificación xeral do mundial , soamente superado polo esloveno Tim Gajser o que sinala coma o gran rival na loito polo título

Este fin de semana buscará repetir éxito no Gran Premio que se disputa en Trentino no circuíto de Pietramurata

G24.gal 04/04/2022 22:10

Jorge Prado acadaba este fin de semana a vitoria no Gran Premio de Portugal disputado en Águeda e onte xogaba Ao contraataque:

"Competir tan preto de Galicia axudoume. Había moitísimos galegos, baixaron moitísimos espectadores e sentín moitísimo apoio. Na segunda manga, as últimas voltas fixéronseme moi longas. Autopresionarme ao non poder fallar non me axudou, fíxome baixar o ritmo pero puiden rematar segundo para gañar e lévome a vitoria que facía moita falta. Foron as voltas máis longas do que levamos de campionato. Levaba moito tempo sen gañar, facían 252 días dende a última vitoria. Pasan moitas cousas pola cabeza, é difícil centrarse e é aí onde poden saír os erros. Tiña tantas ganas de gañar que ata me podería prexudicar pola presión. Esta vitoria vai ser un antes e un despois no campionato. Vou polo bo camiño e creo que este ano podo chegar a un nivel onde nunca estiven. Creo que Gajser e eu somos superiores ao resto. É meu principal rival. O máis importante é seguir traballando duro e que nos respecten as lesións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar