Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado non pode con Gajser

Jorge Prado non pode con Gajser

Gajser logrou a vitoria pese á insistencia do piloto galego

G24.gal 20/07/2024 17:52

Presentábase unha dura proba para o piloto lucense no circuíto da República Checa. Nas prácticas Herlings obtivo os mellores tempos, perseguido por Jorge Prado e Gajser que se presentaba como terceiro, pero na clasificación as cousas mudaron.

Herlings cometeu varios erros nas primeiras voltas, e tanto Gajser como Prado lograron escapar do piloto holandés, e nesa loita a dous Gajser impúxose grazas a súa regularidade. Prado logrou a mellor volta de todas, pero Gajser non cometeu ningún erro, e Jorge si que cometeu un que foi decisivo para a clasificación. Malia o resultado de hoxe, só é unha clasificación, a meirande parte dos puntos repártense nas roldas do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos