Publicador de contidos
Publicador de contidos

José Miñones, o galego que será o primero ministro de Sanidade licenciado en Farmacia

José Miñones, o galego que será o primero ministro de Sanidade licenciado en Farmacia

Delegado do Goberno en Galicia desde 2021, entre 2015 e 2021 foi o alcalde de Ames co PSdeG

G24.gal 27/03/2023 10:02

Nacido o 17 de xullo de 1972 en Santiago de Compostela, Miñones vive desde 1999 en Ames, na comarca de Compostela. Licenciouse en Farmacia e é doutor pola Universidade de Santiago con premio extraordinario e foi distinguido tamén co premio do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos en 2002 e Premio Eloy Díez de Doutoramento.

Ademais, foi investigador do programa autonómico Parga Pondal de 2005 a 2011 e profesor contratado doutor no Departamento de Química e Física con docencia na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago.

Na última década, Miñones foi concelleiro socialista desde outubro de 2009, portavoz do grupo socialista de Ames desde febreiro de 2012 ata 2015 e candidato á Alcaldía de Ames e alcalde desde xuño de 2015.

Tamén formou parte da Comisión de mobilidade e accesibilidade da Federación Española de Municipios desde 2016 e é responsable executivo de política municipal do Comité Nacional Galego na provincia da Coruña desde outubro de 2017.

O 30 de marzo de 2021, foi nomeado polo Consello de Ministros como delegado do Goberno en Galicia en substitución de Javier Losada, que ocupaba o cargo desde xuño de 2018.

É membro da Executiva do PSdeG

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade