Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juan Manuel Vieites: "A redución da xornada laboral prexudica a competitividade empresarial"

Juan Manuel Vieites: "A redución da xornada laboral prexudica a competitividade empresarial"

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia avoga por abordar "moitas máis cousas" e non "dunha soa" que beneficia os sindicatos

Ve factible a intención de UXT e CC.OO. de pechar un acordo antes de agosto, ao entender que "xa o fixeron outras veces pola presión do Ministerio"

Alerta de que "máis de un millón trescentas mil persoas que non van traballar a diario porque están de baixa e iso prexudica enormemente ao sector empresarial".

G24.gal 02/07/2024 10:39

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, avoga por un acordo "amplo dentro do diálogo social" sobre distintos aspectos do mercado de traballo e non "dunha cousa que só beneficia aos sindicatos" como a redución da xornada laboral. Así o manifestou nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega.

Vieites considera que "hai que seguir traballando dentro do diálogo social, dentro das mesas que ten o propio diálogo social, tanto a CEOE coma Cepyme e a Confederación de Empresarios de Galicia, que participamos nelas, sempre estamos para chegar a acordos pero non para aspectos de imposición. Nós pensamos que o que se está a falar tiña que falarse dunha maneira moito máis ampla na que temos que falar do que é a produtividade das nosas empresas e as 21 novas normas que se sacaron nos últimos meses que van sempre contra as empresas e iso fai que a competitividade das mesmas con respecto a outros países da Unión Europea e mesmo a países máis emerxentes hoxe en día a nivel internacional, realmente estamos moi lonxe do que debería ser".

Así mesmo, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia destaca que "se temos en conta que estamos nos máximos de absentismo laboral dentro das nosas empresas, realmente creo que de todo isto é do que hai que falar, independentemente de que podemos falar tamén dos horarios de traballo sempre en función de sectores determinados e buscando sempre ese acordo dentro do diálogo social e sen imposicións por parte do Ministerio [de Traballo]". Afirma que "se só se reduce isto a unha cousa de horas para pagar o mesmo, pois realmente non é o que se debe tratar nun diálogo social moito máis amplo, onde se pode debater e acordar cousas onde a competitividade a futuro para crear emprego e valor engadido dentro da sociedade debe primar prioritariamente".

Juan Manuel Vieites aclara que "non dicimos que non se poida reducir. Nós o que dicimos é que hai que falar de moitas máis cousas. Se se quere falar de cousas puntuais que sempre van contra a empresa e en sectores moi determinados, isto é un problema grave. Polo demais, pódese falar de todo e mesmo do horario, pero sempre que tamén se poida falar de aspectos como a produtividade, o absentismo laboral, etcétera, e en función das empresas e dos convenios colectivos de cada sector ou subsector, pois se pode falar de todo".

Considera que os sectores da hostalería e o comercio serían dos máis prexudicados cunha hipotética redución da xornada laboral. "O sector do turismo e a gastronomía son moi importantes dentro do PIB e se estamos a engadir redución de horas e manter os salarios, a competitividade dos mesmo non chegan a final de mes cunha rendibilidade que poida ser satisfactoria para seguir traballando e creando emprego, que o empresario sempre fai. Nós somos a solución, non o problema. O que queremos é crear riqueza e emprego nos territorios. Temos máis de un millón trescentas mil persoas que non van traballar todos os días porque están de baixa e iso prexudica enormemente ao sector empresarial".

Sobre a intención dos sindicados UGT e CC.OO de pechar un acordo antes de agosto, Vieites di que "xa o fixeron outras veces pola presión do propio Ministerio. O Ministerio o que fai é meter presión aos sindicatos. A eles vailles ben só falar dunha cousa que lles beneficia, pero que prexudica enormemente ás empresas e á súa competitividade".

Sobre o Plan director para a automoción e o sector naval que a Xunta de Galicia acaba de presentar aos axentes sociais, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia considera que "é positivo empezar a traballar en plans directores sectoriais e dunha nova política industrial en Galicia a través de sectores estratéxicos como pode ser a automoción e o naval e traballar dentro do diálogo social que é moi importante e que en Galicia sempre temos acordos".

Indica que "a reunión cos axentes sociais é fundamental. A min o que máis me importa é que exista emprego e aí é onde temos que seguir traballando, nesa colaboración, vendo os problemas, coordinando, e buscando medidas ata 2027 e se pode ser algunha ata 2030, pois benvido sexa. En definitiva, instrumentos de carácter estratéxico para favorecer o desenvolvemento industrial e casar as demandas coas medidas que se poidan pór enriba da mesa con achegas das empresas, que é fundamental para intentar o aproveitamento de temas, de capacidade que temos en Galicia para de cara ao futuro ter un desenvolvemento moito maior".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade