Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juanpe cre que a temporada do Lugo foi "un querer e non poder"

Juanpe cre que a temporada do Lugo foi "un querer e non poder"

O futbolista andaluz viu os últimos meses desde a barreira por unha grave lesión de nocello da que reapareceu a pasada fin de semana

G24.gal 04/05/2023 12:34 Última actualización 04/05/2023 12:40

O centrocampista Juanpe Jiménez analizou a tempada que levou ao Lugo a Primeira Federación despois de once campañas consecutivas na Liga SmartBank.

Afirmou que "foi un querer e non poder". O futbolista andaluz viu os últimos meses desde a barreira por unha grave lesión de nocello da que reapareceu a pasada fin de semana ante o Sporting de Xixón no Molinón (3-1).

""Nunca fomos un equipo estable, sólido. Dende a pretemporada tivemos unha inestabilidade que non axudou".

"Foi unha tempada difícil, un querer e non poder. Estiven traballando a diario cos meus compañeiros no ximnasio e non me gustaba ver as súas caras despois de cada partido. Traballamos moito pero foi un querer e non poder", indicou en conferencia de prensa.

Respecto a o seu futuro, comentou que el termina contrato, está centrado nos "catro partidos que quedan" e o resto déixao para quen ten que "decidir" cara a onde vai a súa carreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade