Publicador de contidos
Publicador de contidos

A viguesa Judith Rodríguez, a un paso de clasificarse para os Xogos Paralímpicos

A viguesa Judith Rodríguez, a un paso de clasificarse para os Xogos Paralímpicos

A viguesa Judith Rodríguez compaxina estes días a súa preparación deportiva con outros proxectos que pretenden visibilizar e normalizar a discapacidade

Precisamente a ela o deporte, na modalidade de esgrima adaptada, serviulle para retomar a súa vida tras sufrir un grave accidente de tráfico

G24.gal 29/05/2024 14:04

Con toda a naturalidade do mundo, Judith desmonta a súa prótese electrónica ante a atenta mirada dos nenos e nenas do club de remo Tirán.

Entre outras cousas fálalles do deporte para discapacitados e da súa nova vida, que comezou tras o grave accidente de coche que sufriu cando volvía dunha competición en Madrid hai seis anos.

Agora, novamente da man do deporte, enfróntase ao proxecto máis ilusionante da súa vida. Os Xogos Paralímpicos de París coa esgrima en cadeira de rodas. 

E no remo, como na vida, o deporte en equipo é fundamental para poder chegar á meta. Judith sempre valorou eses apoios, que tamén compartiu coas remeiras de Adicam, as mulleres diagnosticadas de cancro de mama.  

Sen agochar o que é, unha atleta de elite na esgrima adaptada, Judith xa se encamiña cara ao seu novo reto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade