Polo menos tres falecidos no ataque con drons suicidas en Kíiv
Polo menos tres falecidos no ataque con drons suicidas en Kíiv
O alcalde de Kíiv Vitaliy Klitschko deu conta en Telegram de polo menos dúas explosións no barrio de Shevchenkivskyi, no centro da capital
Klitschko na súa mensaxe di: "Necesitamos máis defensas antiaéreas e necesitámolas canto antes!"
Polo menos tres persoas faleceron nos ataques rusos con drons suicidas este luns no centro da capital ucraína e outro tres resultaron feridas, informou a Presidencia ucraína.
"Por agora o número de persoas mortas como resultado dun ataque con drons kamikaze nun edificio residencial aumentou a tres", escribiu na súa conta de Telegram o vicexefe de gabinete da Presidencial ucraína, Kyrylo Timoshenko.
Segundo dixo, 19 persoas foron rescatadas do edificio danado no céntrico barrio de Shevchenkivskyi.
Polo menos catro persoas resultaron feridas.
"As operacións de procura e rescate están en marcha" aínda, recalcou á súa vez o alcalde de Kiev, Vitaliy Klitschkó.
Explosións provocadas por drons suicida
Segundo precisou o alcalde, escoitáronse un total de cinco estoupidos na capital con drons kamikaze.
Unha das explosións produciuse nun edificio residencial.
Até o momento rescatáronse a 18 persoas debaixo dos cascallos.
Klitschkó explicou que un total de 28 drons voaron pola mañá cara a Kiev, e que, grazas ás Forzas Armadas e a defensa antiaérea, "a maioría dos terroristas voadores foron derrubados".
Nunha fotografía de restos dun dron publicada por Klitschkó pódese ler "Guerán-2", que é o nome ruso do aparello non tripulado iraniano "Shahed-136".
O asesor do Ministerio do Interior Anton Gerashchenko gravou á súa vez un vídeo en que suxeita nas súas mans unha peza dun dron que foi derrubado por catro "heroes" uniformados, segundo dixo.
Estes homes estaban preto do vehículo non tripulado e, ao escoitalo e avistalo, abriron rapidamente lume coas súas pistolas e metralladoras contra o obxecto, segundo contaron no vídeo.
Piden botar a Rusia do G20
O asesor da Oficina do Presidente de Ucraína Mykhailo Podolyak, pediu en Twitter excluír a Rusia do G20 tras o ataque contra a capital, o segundo nunha semana.
Those who give orders to attack critical infrastructure to freeze civilians and organize total mobilization to cover the frontline with corpses, cannot sit at the same table with leaders of G20 for sure. Time to put an end to ru-hypocrisy. RF must be expelled from all platforms.
— Михайло Подоляк (@Podolyak_M) October 17, 2022
"Quen dan ordes de atacar infraestruturas críticas para aterrorizar a civís e organizar unha mobilización total para cubrir de cadáveres a fronte, con seguridade non poden sentar na mesma mesa cos líderes do G20. A Federación Rusa ten que ser expulsada de todas as plataformas" internacionais, compartiu en Twitter.
Previamente, o presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, dixo que "todas as noites e todas as mañás o inimigo aterroriza á poboación. Os drons suicidas e mísiles atacan toda Ucraína".
"O inimigo pode atacar as nosas cidades, pero non poderá rompernos. Os ocupantes recibirán o castigo xusto e a condena das futuras xeracións. E obteremos a vitoria", salientou.
O seu xefe de gabinete, Andriy Yermak, recalcou á súa vez que Rusia cre que os drons kamikaze con cargas explosivas "axudaranlle na súa agonía" no campo de batalla.
"Necesitamos máis defensas antiaéreas e necesitámolas canto antes!", recalcou.
"Non temos tempo para accións lentas. (Fan falta) máis armas para defender o ceo e destruír ao inimigo", salientou.
A semana pasada, especialmente o 10 e 11 de outubro, as tropas rusas atacaron masivamente varias rexións ucraínas.
Neses bombardeos, Rusia empregou varios tipos de mísiles e drons kamikaze.
Kiev tamén foi atacada, xa que houbo dous impactos no distrito de Shevchenkivskyi. Seis acodes morreron como resultado do bombardeo.