Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lazarus Technology busca información no móbil de Déborah

Lazarus Technology busca información no móbil de Déborah

Emprega móbiles idénticos adquiridos en Arcebaixán ou Singapur para non danar o dispositivo

G24.gal 17/03/2023 13:31

Os expertos da empresa de ciberseguridade Lazarus Technology buscaron por todo o mundo móbiles idénticos ao que tiña Déborah en 2002. Atopáronos en Singapur e Acerbaixán e xa traballan sobre eles.

O obxectivo é non danar o móbil da moza, que aínda está na Comisaría de Canillas, para extraer del a máxima información posible cando estea no seu poder. 

Curiosamente, o móbil, segundo a familia da moza, entregouse en man ao Comisario Galán, agora denunciado, e a policía chegou a dicir ata setembro que non se recibira.

A investigación segundo a familia tivo múltiples erros que benefician supostamente o exmozo, investigado formalmente desde febreiro do ano pasado.

Aínda que a Audiencia de Pontevedra recoñeceu que hai indicios para un xuízo oral, no último ano apenas houbo avances, algo que  exaspera a familia, que este abril se enfronta ao vixésimo primeiro aniversario da morte de Déborah.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade