Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lembramos o accidente das Pías en 1998, cando un buque derrubou a ponte da ría de Ferrol

Lembramos o accidente das Pías en 1998, cando un buque derrubou a ponte da ría de Ferrol

O buque soltárase do dique de Astano por mor dun temporal, e foi á valga ata colidir coa ponte

O Discoverer Enterprise considerábase daquela o maior buque de prospección petrolífera do mundo

O Discoverer Enterprise derrubou 100 metros da ponte das Pías, a principal vía de comunicación de Ferrol
G24.gal 26/03/2024 14:27

Foi na madrugada do martes 13 de xaneiro de 1998. O buque Discoverer Enterprise partía en dúas a ponte das Pías na ría de Ferrol. 

Considerada entón como a maior plataforma de prospección petrolífera do mundo, tiña 254 metros de eslora e 38 de manga. Soltárase do dique de Astano por mor dun temporal con vento de máis de 140 quilómetros por hora.

"Tentamos empurralo cun remolcador para que non se separase do peirao, pero foi imposible", dicía daquela o que era práctico do porto de Astano. 

Foi imposible retela, así que a plataforma quedou á valga ata que freou contra a ponte das Pías. Quedou encaixada na parte central, derrubando uns cen metros da vía principal de comunicación para Ferrol. Durante 90 días houbo que rodear toda a ría para entrar e saír da cidade. 

O que puido ser unha enorme traxedia quedou por sorte neses danos materiais. Non houbo vítimas porque as alertas chegaron a tempo de cortar o tráfico na ponte antes da colisión. Fixeron falta sete remolcadores para devolver a plataforma ao dique, e cousa de tres meses para reconstruír a principal arteria de comunicación de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade