Levar a friameira para comprar?: un hábito cada vez máis común
Levar a friameira para comprar?: un hábito cada vez máis común
Desde xaneiro pódese levar o envase propio para facer a compra grazas ao decreto de envases e residuos destes
Levar a friameira á hora de facer a compra vaise facendo máis frecuente. Este xesto está permitido para os consumidores desde xaneiro deste ano. A norma, incluída no real decreto de envases e residuos de envases, ten como obxectivo reducir o uso do plástico.
Na praza de abastos de Santiago obsérvase especialmente na venda de peixe, pois como din algúns clientes, "ao chegar a casa a bolsa hai que tirala e dá mal olor".
Os vendedores admiten que se ben o uso de envases non é masivo, a medida é axeitada. Os vendedores poden rexeitar o envase se non está en boas condicións, pero non son responsabilidade súa os problemas de seguridade alimentaria que se poidan derivar.
Algúns usuarios recalcan que os máis interesados son os propios vendedores, "porque o plástico vai ao mar e o peixe... Pero seguen dando bolsa, sobre bolsa, sobre bolsa". Por iso, certos vendedores e clientes coinciden en que o camiño será a prohibición das bolsas de plástico.
Á hora de mercar froita e verdura, o uso da bolsa reutilizable está moi estendido.