Publicador de contidos
Publicador de contidos

Levar vultos soltos nos asentos do vehículo é motivo de sanción

Levar vultos soltos nos asentos do vehículo é motivo de sanción

Poden saír despedidos en caso de freada brusca e golpear os ocupantes do vehículo

É habitual pousar o bolso no asento do copiloto, pero non é o correcto
G24.gal 19/08/2024 15:20 Última actualización 19/08/2024 15:44

Onde adoitamos pousar o bolso ou a mochila cando entramos no coche?

 "Se vou só, no asento do copiloto".

"Pois probablemente no asento do copiloto, bastante probable. Se é algo máis voluminoso quizais no maleteiro".

Pois levar bolsos, a compra ou calquera vulto solto nos asentos do coche é motivo de sanción. 

"Non o sabía, non o sabía".

 "Non, non sabía, pódente multar por iso?.

Pois si, e a multa pode chegar aos 200 euros.

 "Vai dende 80 por comprometer a liberdade de movementos dentro do vehículo ata 200 euros se os obxectos poden desprazarse, caer ou comprometer a seguridade dos ocupantes do vehículo", explica Samuel Lago, capitán da Garda Civil

Sobre todo é perigoso en caso de freada brusca.

"En vez de usar o maleteiro usamos os asentos, traseiros ou dianteiro para deixar obxectos, carga e isto comporta un perigo en caso dunha desaceleración brusca motivada ao mellor por unha colisión. Eses obxectos levan unha inercia canso se frea o coche en seco se non van ben suxeitos que poden causar lesións aos ocupantes", continúa

A mesma sorte poden correr as mascotas se non van debidamente suxeitas.

"Porque os animais si que ao mellor se poden meter debaixo dos pedais ou subir no colo do condutor ou así, e é moi importante que vaian suxeitos", conta o Garda Civil

"Eu lévoo na gaiola de transporte e sempre intento que vaia no asento de atrás, pero debaixo, onde repousariamos os pés, e no caso de non ter a gaiola de transporte sempre levo un cinto homologado para que vaia atado ao asento", apunta unha rapaza

En definitiva, o maleteiro é o lugar máis seguro á hora de colocar calquera carga.

"Ou no caso de levar obxectos voluminosos pois levar unha reixa de separación de carga entre os ocupantes e a carga que levamos no coche", conclúe Samuel Lago.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade