Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberdade provisional para o condutor que fuxiu tras atropelar un home en Ferrol

Liberdade provisional para o condutor que fuxiu tras atropelar un home en Ferrol

Está investigado por un delito de omisión do deber de socorro, imprudencia grave con resultado de morte e contra a seguridade viaria

G24.gal 21/04/2024 16:31 Última actualización 21/04/2024 16:55

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol acordou a posta en liberdade provisional do condutor detido por fuxir tras atropelar un home de 52 anos na avenida das Pías o pasado venres. 

Segundo decretou a xuíza, ten a obriga de comparecer cada quince días, non pode saír do territorio nacional, debe entregar o pasaporte, retiróuselle o permiso de circulación e ten prohibido conducir vehículos de motor.

Está investigado por un delito de omisión do deber de socorro, imprudencia grave con resultado de morte e contra a seguridade viaria.

Os feitos

O falecido saíra correr cando foi golpeado por un vehículo nos arredores da avenida das Pías, no barrio de Caranza. Logo foi trasladado inconsciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

O condutor, que fuxiu nun primeiro momento, foi detido horas despois do atropelo. Segundo a Policía, deu positivo por consumo de estupefacientes.

Policía Local de Ferrol tivo que publicar na rede social X fotografías da roupa e dos obxectos persoais da vítima para poder identificalo.

As pezas difundidas pola policía As pezas difundidas pola policía
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade