Lindo e Castaño, dous bois de Sarria, vendidos en Valladolid como produtos de luxo
Lindo e Castaño, dous bois de Sarria, vendidos en Valladolid como produtos de luxo
Os dous animais teñen sete anos e suman 3.000 quilos de carne
Son embaixadores do vacún vello galego no mercado castelán
A fisiognomía dos animais, a calidade dos pastos e forraxes e o manexo que fan os gandeiros galegos levan a que o vacún vello estea cada vez máis cotizado. Así, unha carnicería de Valladolid non dubidou en percorrer os 350 quilómetros que a separan de Sarria para facerse con Lindo e Castaño, dous bois de raza rubia galega de sete anos criados nesta gandería de Albán.
Co manexo conséguese a famosa infiltración da graxa e uns canais que poden chegar aos 800 quilos de carne. O seu destino, a alta restauración e, neste caso, tamén a elaboración de embutidos e de chacinas. É o resultado dun traballo ben feito durante sete anos.
O comprador dos bois confía en que só os costelares se venderán por máis de 7.000 euros. Eso si, previamente terán que estar ata 120 días nas cámaras de conservación.