Publicador de contidos
Publicador de contidos

Llop, sobre o indulto a Griñán: "Non sería a primeira vez que algo así ocorre"

Llop, sobre o indulto a Griñán: "Non sería a primeira vez que algo así ocorre"

A titular de Xustiza lembrou que "non é unha sentenza unánime" e, por tanto: "Tamén imos ver que din eses votos particulares"

G24.gal 01/09/2022 13:07

A ministra de Xustiza Pilar Llop sinalou sobre a petición de indulto para José Antonio Griñán, condenado a seis anos de prisión polo caso dos eres, que "non sería a primeira vez" que un Goberno concede a medida de graza a un ex alto cargo do seu partido condenado por corrupción.

"Non sería a primeira vez que unha cousa así sucedese na historia do noso país", sinala a ministra nunha entrevista á Axencia EFE, en alusión aos indultos concedidos por Gobernos dunha mesma cor a exmembros do propio partido, aínda que estes foron escasos e maioritariamente por penas de inhabilitación, non de prisión.

Ante o anuncio da petición de indulto dos familiares do expresidente de Andalucía, a titular de Xustiza non quixo pronunciarse sobre escenarios futuros, pero si dixo que o primeiro será "ver que di a sentenza" do Tribunal Supremo.

Respecto diso, lembrou: "Non é unha sentenza unánime, e, por tanto, tamén imos ver que din eses votos particulares". Estes votos son das maxistradas progresistas Ana Ferrer e Susana Polo, que consideran que Griñán debería ser absolto polo delito de malversación, que é o que leva aparellada a pena de cárcere. "Logo —continúa—, tramitarase o indulto co correspondente expediente, como se fai con todos os indultos, con rigor e solicitando os informes preceptivos".

Históricos dirixentes socialistas como os expresidentes do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero e Felipe González, o exvicepresidente do Goberno Alfonso Guerra e a expresidenta da Xunta de Andalucía Susana Díaz, agora senadora, anunciaron que subscribirán a petición de indulto a Griñán, condenado polo Supremo a seis anos de cárcere por malversación e prevaricación.

Preguntada se ve estes apoios como unha presión ao Goberno, a ministra quixo deixar claro que está "absolutamente preparada e afeita a que poida haber presións", pero tamén a que "iso non interfira". 

O líder do PSOE en Andalucía Juan Espadas desmárcase doutros líderes socialistas e non firmará a petición de indulto que prepara a familia de José Antonio Griñán. Espadas explicou que esa petición é unha decisión persoal e familiar e que debe quedar nese ámbito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade