Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan momificado un veciño de Monterrei de 75 anos

Atopan momificado un veciño de Monterrei de 75 anos

O finado non mantiña ningunha relación coa súa familia nin tampouco cos seus veciños

G24.gal 20/04/2023 10:32

Segundo o xulgado de Verín o corpo está pendente de identificar. Todo parece indicar que se poida tratar do dono da casa, que podería levar bastantes meses morto, xa que corpo estaba de feito practicamente momificado.

O achado produciuse na parroquia de San Cristovo nun  pendello arredor das dúas da tarde. A Garda Civil e os Bombeiros de Verín localaron este mércores o corpo do home, así o explicaron fontes da propia Benemérita, que afirmaron que un sobriño do home denunciara a súa desaparición o pasado día 18 e sinalara que non sabía nada del dende o primeiro de outubro. Finalmente foi un curmán do falecido, de paso pola aldea o que deu a alarma.

Ao parecer, o falecido de 75 anos non mantiña relación ningunha coa súa familia, nin tampouco cos seus veciños, que deixaron de velo no mes de outubro, pero pensaron que marchara voluntariamente.

O xulgado está á espera do que ditamine a autopsia en canto a identidade e as causas da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade