Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizados en Mesía os corpos de dous veciños de Culleredo represaliados polo franquismo

Localizados en Mesía os corpos de dous veciños de Culleredo represaliados polo franquismo

José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto formaron parte da guerrilla antifranquista e foron asasinados por ese motivo no ano 1952

Procura dos corpos en Mesía (ARMH) Procura dos corpos en Mesía (ARMH)
G24.gal 22/08/2024 17:04

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) localizou no cemiterio de San Martiño de Visantoña, en Mesía, os corpos de dous homes represaliados polo franquismo.

Trátase de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, nados na zona de Almeiras, en Culleredo. Ambos os dous formaron parte da guerrilla antifranquista e foron asasinados pola Garda Civil en xuño de 1952.

A ARMH foi a primeira que levou a cabo unha exhumación científica dunha fosa de vítimas da represión franquista, no ano 2000. Agora, e tras varios días de traballo desde o martes, comezaron a procura nunha fosa común de ambos os veciños de Culleredo.

Colaboración do Concello de Culleredo

En relación a este traballo de exhumación, o concello deste municipio coruñés trasladou a súa vontade de colaborar. O alcalde, José Ramón Rioboo, púxose ao dispor das familias "sempre que se confirme a identidade dos restos".

"Á falta de confirmación oficial sobre a orixe dos restos, e unha vez estean realizadas as comprobacións pertinentes, o goberno local anuncia que facilitará todos os trámites e procedementos que teñan que levar a cabo os familiares no caso de querer trasladar os restos mortais ao municipio de Culleredo".

Este proceso requiriría da autorización da Comunidade Autónoma e do Concello de Culleredo, de acordo aos regulamentos de Policía Sanitaria Mortuoria vixentes en Galicia, así como coa normativa local.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, sinala que "tanto por defender a súa honorabilidade como en apoio da Lei de Memoria Democrática, estaremos de lado das familias para prestarlles apoio nun proceso no que terán que intervir todas as administracións", remarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade