Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan morto nunha braña o veciño desaparecido no Couto, Ponteceso

Localizan morto nunha braña o veciño desaparecido no Couto, Ponteceso

Un veciño localizou o corpo e polo momento descoñécense as causas do falecemento

G24.gal 02/02/2024 14:40

O corpo de Gerardo Corral Corral apareceu ás dez e media da mañá nunha braña a menos dun quilómetro da súa casa do lugar do Couto. Un amplo dispositivo formado pola Garda Civil, a Policía Local, Emerxencias de Ponteceso, voluntarios e familiares buscábano desde onte ao mediodía cando desapareceu despois de dicirlle a un veciño que ía coller vimbios.

O helicóptero da Garda Civil tamén sobrevoou a zona, pero foi un veciño o que finalmente deu co seu corpo. Polo momento descoñécense as causas da morte. Tiña 86 anos e, segundo destacan os veciños, era un home san, moi activo e moi querido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade