Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan os cadáveres dos empresarios Vicente Tarancón e Miguel Burdeos

Localizan os cadáveres dos empresarios Vicente Tarancón e Miguel Burdeos

Ambos os dous desapareceran tras o paso da DINA xunto a outros dous empresarios

O balance de vítimas mortais confirmadas polos asolagamentos ascende a 224

Na parte antiga de Paiporta a situación avanza con lentitude

Coches soterrados pola lama en Paiporta. EFE/Jorge Zapata Coches soterrados pola lama en Paiporta. EFE/Jorge Zapata
G24.gal 10/11/2024 16:21 Última actualización 10/11/2024 17:47

Os corpos sen vida dos empresarios Vicente Tarancón, propietario da firma de roupa deportiva Luanvi, e Miguel Burdeos, dono de Deliplus e Bosque Verde, foron recuperados este domingo polos servizos de rescate.

Desapareceran na tarde do 29 de outubro cando regresaban de Chiva en coche na compaña doutros dous empresarios: José Luis Marín, propietario dos colexios Mas Camarena, e Antonio Noblejas, exdirector xeral da escola de negocios EDEM. 

A súa localización eleva a 224 o número de vítimas mortais confirmadas polo desastre, segundo a última actualización dos datos oficiais. A maioría pertence á Comunidade Valenciana (216) e o resto son de Castela-A Mancha (7) e de Andalucía (1).

Detencións

Desde que comezou a crise, as forzas e corpos de seguridade do Estado detiveron 343 persoas, 33 delas nas últimas horas, segundo os datos actualizados polo Goberno ás 12:00 horas deste domingo.

O número total de municipios afectados é de 78, dos cales 75 están en Valencia, dous en Castela-A Mancha e un en Andalucía.

O Goberno, a través das canles oficiais, publicou un resumo dos datos actualizados que radiografan a situación. Practicáronse 222 autopsias, identificáronse 195 corpos e rescatáronse 36.803 persoas, 82 nas últimas 24 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade