Localizan o corpo sen vida dun mergullador nunha praia de Vigo
Localizan o corpo sen vida dun mergullador nunha praia de Vigo
Foi un particular quen alertou ao 112 arredor das 13:00 horas de que había unha persoa que parecía afogada
Un mergullador foi evacuado este mediodía en helicóptero desde a praia de Sobreira, en Vigo. Foi un particular o que o atopou na auga e foi rescatado. Os servizos de emerxencia que acudiron trataron de reanimalo e foi trasladado no helicóptero medicalizado, pero finalmente confirmouse a súa morte.
Foi un particular quen alertou ao 112 arredor das 13:00 horas de que había unha persoa que parecía afogada. Desde o 112 deuse aviso a Sasemar, Urxencias Sanitarias, Policía Nacional, Policía Local e servizo de Gardacostas.
🔴 #AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dun bucio en Vigo.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 27, 2024
📍Praia da Sobreira (Oia).
➡️ O corpo foi achado por un particular que avisou ao #112Galicia ás 13:00 horas.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @salvamentogob, @GardacostasGal, @policia e Policía Local. pic.twitter.com/GghBh3J7w0
O particular xa sacara a vítima da auga e, á súa chegada, os equipos sanitarios deron aviso ao helicóptero medicalizado do 061 e realizaron manobras de reanimación ata a chegada deste, que evacuou de inmediato a vítima.
Finalmente, as 14:30 horas, comunicouse que non fora posible reanimalo, polo que se confirmou o seu falecemento.