Publicador de contidos
Publicador de contidos

Longas colas nos accesos á catedral de Santiago

Longas colas nos accesos á catedral de Santiago

Segundo os visitantes, as ringleiras son longas pero avanzan rápido

Milleiros de turistas e peregrinos ateigan a zona vella da cidade

 

G24.gal 19/08/2022 14:30

De sempre a zona vella de Compostela foi un fervedoiro no verán, pero o deste ano santo está a superar todas as marcas. 

Riadas de peregrinos e milleiros de turistas conflúen en longas colas de acceso á catedral. Unha visita obrigada á que ninguén quere renunciar.

Os que agardan destacan que as ringleiras son longas pero flúen rápido, así que a maioría leva ben a espera.

Ambiente que se reflicte na ocupación hoteleira, ao 92 % nesta fin de semana, e no número de compostelas seladas, só na xornada de onte foron 2.400 os peregrinos que recibiron a súa credencial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade