Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo contará cun cemiterio de mascotas con capacidade para 320 animais

Lugo contará cun cemiterio de mascotas con capacidade para 320 animais

Estará situado na contorna do actual cemiterio municipal e contará con bancos e árbores para crear un espazo íntimo no que recordar os animais falecidos

O Concello destinará 151.154 euros de orzamento para o proxecto

Tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, na presentación do cemiterio (Europa Press)
G24.gal 30/07/2024 16:35 Última actualización 31/07/2024 20:37

O tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que este mércores o Goberno local aprobará o inicio do procedemento para construír un cemiterio destinado a mascotas na contorna do actual cemiterio municipal, nunha parcela anexa duns 800 metros cadrados de extensión e con capacidade para 320 animais.

O novo espazo, explicou, será pechado perimetralmente, e a zona interior será axardinada e contará con bancos e elementos que permitan crear un espazo íntimo para o recordo dos animais falecidos.

Así mesmo, terá espazos para gardar as urnas dos animais incinerados, xunto a unha zona para gardar a chapa ou a cadea do animal.

Ademais, haberá zonas de sombra ao plantarse 19 árbores en toda a área. A edil de Participación, Cristina López, destacou que o Executivo municipal leva meses traballando neste servizo que, avanzou, "permitirá atender unha proposta que os veciños levan tempo reclamando".

A esta actuación, o Goberno local destinará 151.154 euros. Realizarase dando prioridade ao uso de materiais naturais e usará deseños respectuosos coa contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade