Lugo ten o maior punto negro de España por accidentes provocados por animais salvaxes
Lugo ten o maior punto negro de España por accidentes provocados por animais salvaxes
Xabarís e corzos provocan gran número de sinistros ao cruzar as estradas
Galicia é a segunda comunidade de toda España que rexistra o maior número de accidentes de tráfico por esquivar ou por colidir con animais salvaxes. A incidencia é maior nas provincias do interior.
O treito da nacional 640 que une Castro de Rei e Lugo, está considerado o maior punto negro de España polo alto índice de sinistros que alí se producen por presenza de animais salvaxes.
Tanto é así que as aseguradoras da zona aconsellan a súa cobertura.
Neste tipo de sinistros, o 75 % dos casos son provocados pola presenza nas estradas de xabarís e corzos.
A DXT acaba de publicar os datos de sinistralidade provocados por impacto coa fauna durante o 2022, e Galicia sitúase no segundo lugar, por detrás de Castela e León.
Houbo máis de 5.500 sinistros e 89 persoas resultaron feridas.
O comezo da temporada de caza e o Nadal son os momentos en que resulta máis fácil atoparse na estrada con este tipo de animais salvaxes.