Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo gaña turistas grazas á muralla, á paisaxe e á gastronomía

Lugo gaña turistas grazas á muralla, á paisaxe e á gastronomía

A ocupación hoteleira no mes de xullo achegouse ao 70 %

G24.gal 04/08/2024 20:32 Última actualización 04/08/2024 20:53

Ata hai uns anos unha das cidades galegas máis descoñecidas polo turismo era Lugo. Pero dende que a muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade iso cambiou. Amais da arquitectura, a paisaxe e a gastronomía son outros dos seus maiores atractivos.

Nin os 29 graos que había o domingo en Lugo conseguiron afastar aos grupos de turistas que visitaban a cidade, algúns deles dándolle unha segunda oportunidade.

Hai anos era moi estraño ver grupos de turistas polo centro de Lugo, pero hoxe xa non chaman a atención dunha cidade que está empezando a afacerse a escoitar piropos. Con todo, na hostalería ás veces quéixase de que se trata dun turismo de horas ou dunha noite.

Pero as tendencias estanse modificando, e tamén hai turistas que lonxe de considerar Lugo unha cidade de paso, vena como un lugar no que hai moito que ver e vivir.

En xullo a ocupación hoteleira rondou o 70 %, algo ao que axudaron moito os peregrinos. O sector agarda superar en agosto esta porcentaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar