Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Rubiales: "Xamais amañei un contrato e con Gruconsa non teño nada que ver"

Luis Rubiales: "Xamais amañei un contrato e con Gruconsa non teño nada que ver"

O expresidente  da Real Federación Española de Fútbol nega que recibise mordidas e afirma que actualmente non ten ingresos: "Non podo nin pagar unha Coca-Cola"

Rubiales descarta que exercese "coacción" sobre Jenni Hermoso

G24.gal 04/04/2024 08:48 Última actualización 04/04/2024 09:54

O expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luis Rubiales asegurou este mércores que "nunca" amañou un contrato e que non ten "nada que ver" coa construtora Gruconsa, da que a UCO calcula que entre 2019 e 2023 facturou 3,8 millóns de euros á RFEF e á sociedade pública Estadio Cartuja de Sevilla.

Nunha entrevista na Sexta, o exdirixente federativo recalcou que non traballou con Gruconsa durante a súa presidencia negou que recibise mordidas

"Non peguei unha 'mordida' xamais, nunca na miña vida. Todo o diñeiro que teño está nas miñas contas e é produto do meu traballo e dos meus aforros".

Rubiales reclama o dereito á presunción de inocencia. Afirma que viviu "situacións moi complicadas" nos últimos anos, que  interpuxeron contra el ata setenta querelas e que "en todas demostrei as cousas". Promete "aclarar todo” e reclama o seu dereito para refacer a súa vida na República Dominicana. Confesou que o seu obxectivo era montar "negocios hostaleiros, de construción e de compravenda de inmobles" naquel país, pero que se atopou con que "non lle queren deixar gañar a vida nin no fútbol nin fóra del".

"Non teño ingresos actualmente. Non podo nin pagar unha Coca-Cola. Teño as miñas contas bloqueadas sen demostrarse que fixen nada".

O expresidente da Federación asegurou que non houbo nada ilegal no contrato para que A Cartuxa acollese os partidos da selección española. Falou sobre a súa relación con Nene, desligándose de negocios en común, xa que admitiu que lles foi imposible realizalos. “A Nene coñézoo desde hai 30 anos, a el e á súa muller, unha familia que quero moito. Sinto enormemente polo que están a pasar, non entendo por que, supoño que por ser os meus amigos".

Rubiales tamén explicou a relación coa empresa Kosmos e asegurou que non houbo oferta de Catar que puidese competir con Arabia Saudita para a disputa da Supercopa de España. “Foi Kosmos quen trouxo Arabia Saudita. Sacouse unha noticia sabendo que era falsa".

Rubiales descarta que exercese "coacción" sobre Jenni Hermoso

O expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) descartou que el ou o exseleccionador Jorge Vilda exercesen "coacción" sobre Jenni Hermoso, tras o bico non consentido na entrega de trofeos do Mundial.

Segundo Luis Rubiales, a maneira de cualificar as súas palabras da futbolista internacional "é manipuladora".

"Se iso é unha coacción, calquera conversación entre persoas é unha coacción. No contexto non había nada sexual".

Di Rubiales que a súa intención non é indispoñer contra Jenni Hermoso, pero quixo deixar claro o ocorrido posteriormente na viaxe a Eivisa que a Federación regalou ás súas xogadoras. “Non estou a atacar. Verifiquei que ela di que non hai nada e aos sete días, despois da famosa viaxe a Eivisa, di outra cousa por escrito. Había unha relación de amizade e euforia por gañar o Mundial”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade