Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macri propón A Arxentina como subministradora de gas e alimentos a Europa

Macri propón A Arxentina como subministradora de gas e alimentos a Europa

O expresidente arxentino di no Foro da Toxa que América Latina podería salvar o vello continente da dependencia rusa

"A Arxentina soa ten a segunda reserva de gas non convencional máis importante do mundo", di Macri

G24.gal 30/09/2022 19:31

Relanzar a conexión atlántica nestes momentos de cambio na orde mundial é unha necesidade. Así o asegurou este venres Mauricio Macri no foro que se celebra na Toxa.

Pero para construír esa relación, Mauricio Macri cre que, previamente, América Latina ten que traballar en fortalecer as súas democracias e xerar máis confianza. Mentres tanto, Europa tería que traballar en desbloquear as súas tensións internas porque o Mercosur e a Unión Europea levan 25 anos negociando un acordo comercial sen éxito. E todo, asegura Macri, porque algúns países europeos non queren importacións de alimentos de América Latina.

"A Arxentina soa ten a segunda reserva de gas non convencional máis importante do mundo", di Macri. O país austral, asegura, podería estar asinando hoxe acordos de subministración para que Europa non teña que depender de Rusia. A isto súmase a súa capacidade de producir carne, cereais e enerxías renovables.

Para Macri, América Latina ofrece ademais a vantaxe de ser unha rexión de paz, estable e sen riscos xeopolíticos. Algo que, na súa opinión, evitaría desabastecementos a Europa.

O expresidente ve ademais incomprensible esta falta de integración tendo en conta que todos os países europeos están representados na poboación de América Latina a través da colonización primeiro e da emigración despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade