Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos os membros dunha banda que roubaba en naves industriais, comercios e vehículos

Detidos os membros dunha banda que roubaba en naves industriais, comercios e vehículos

Macrorredada da Garda Civil desenvolvida entre Lugo, Guitiriz, Melide e Asturias

A operación, baixo segredo de sumario, continúa aberta, e non se descartan novas detencións 

Félix Aragunde 29/02/2024 13:30

A Garda Civil prendeu máis de dez persoas nunha operación desenvolvida entre Lugo, Guitiriz, Melide e Asturias. Os detidos, que están acusados de 60 delitos, forman parte, presuntamente, dunha banda que se dedicaba a roubar en comercios, naves industriais e vehículos.

A macrorredada iniciouse nesta luguesa rúa Primavera, onde levantou unha grande expectación entre os viandantes. Nela participaron membros do Servizo de Intervención Rápida, que accederon a un piso armados con metralletas e co rostro cuberto.

Ademais dunha vivenda no centro da cidade, os axentes tamén rexistraron unha empresa de paquetería no polígono industrial das Gándaras, onde tamén detiveron o responsable. Aquí buscaron armas e material roubado nos asaltos por parte dos integrantes da banda.

Pero onde se practicou o rexistro de maior envergadura foi no poboado chabolista de Mazoi. Nestas mesmas infravivendas xa actuara a Policía Nacional en 2021, cando interviñera armas de alto calibre e arrestara cinco persoas, todos do mesmo clan.

Manuel Arias, voceiro da Comisaría de Lugo: "Evidentemente, sabíase que estas persoas estaban involucradas en diferentes roubos, pero con esta grande actuación da Garda Civil púidose demostrar que a inmensa maioría eran na provincia e incluso de fóra".

A titular do xulgado de Lugo que leva o caso valorou o material roubado nuns 600.000 euros. A operación, sobre a que decretou segredo de sumario, continúa aberta, polo que poderían producirse novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade