Cargando resultados...
Madrugada xélida en Galicia, con temperaturas por baixo dos -7 graos
Madrugada xélida en Galicia, con temperaturas por baixo dos -7 graos
A mínima da comunidade rexistrouse en Calvos de Randín, que marcou -7,7 graos
Viana do Bolo ou Xinzo de Limia, tamén na provincia de Ourense, baixaron dos -5º
G24.gal
04/12/2022 08:58
Novamente este domingo tivemos unha madrugada xélida, especialmente nas zonas de interior nas provincias de Lugo e Ourense. Boa parte dos concellos amenceron por baixo dos cero graos e o termómetro pouco vai subir ao longo do día.
A mínima marcouna esta madrugada Calvos de Randín con 7,7 graos negativos. Pero tamén en Viana do Bolo ou en Xinzo de Limia, na provincia de Ourense, baixaron dos menos cinco graos. Unha temperatura similar á rexistrada en Sarria, na provincia de Lugo.