Maio bate a súa marca histórica con máis de 61.000 peregrinos en Santiago
Maio bate a súa marca histórica con máis de 61.000 peregrinos en Santiago
Son 12.000 máis respecto ao mesmo mes de 2022
A afluencia de peregrinos á cidade de Santiago de Compostela segue batendo marcas.
Este pasado mes de maio, a Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou o mellor mes de maio da historia. Chegaron 61.141 camiñantes, 12.883 máis respecto a maio de 2022.
No acumulado do ano, do 1 de xaneiro ao 31 de maio deste ano rexistráronse 118.424 peregrinos, unha cifra que supón un incremento de 24.836 camiñantes en comparación co mesmo período de 2022.
A maioría de peregrinos que chegaron en maio foron estranxeiros. Un 75 %, procedían dos Estados Unidos, Alemaña, Italia, Francia e Portugal.
Entre os españois, os que máis percorreron a ruta xacobea foron andaluces, seguidos de madrileños, cataláns e valencianos.
O Camiño Francés continuou sendo o máis popular e o elixido por case o 50 % de peregrinos.