Os maiores ante a dixitalización da banca
Os maiores ante a dixitalización da banca
Cren que o proceso foi contra deles no social e no económico
As asociacións de xubilados piden que se contemple a fenda dixital e se atendan as súas necesidades
Se ben é certo que a progresiva dixitalización da sociedade ten determinadas vantaxes, tamén é verdade que moitos maiores senten que este proceso foi en detrimento deles. Por iso non son poucas as asociacións de xubilados que manifestan o seu desacordo coa brecha dixital, algo que notan, sobre todo, no relacionado coa banca.
Julio, funcionario xubilado de 73 anos, é unha das cabezas visibles da loita que teñen moitos maiores en contra dunha dixitalización que cualifican moitas veces de inhumana e que senten que vai en detrimento deles. Non só illándoos, senón tamén facendo que repercuta neles un importante custo económico.
A postura de Julio é a mesma que defenden dende a asociaición de xubilados que representa, un organismo formado por 300 socios que están federados na Unión Democrática de Pensionistas de España.
Dende esta agrupación tamén denuncian as taxas bancarias. Ademais, agora sofren a progresiva retirada das cartillas. Por iso reclaman, novamente, unha banca pública.
Julio asume que a dixitalización é un proceso imparable, pero cre que non se pode facer dun xeito tan voraz coa xente maior.