Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico incrementa os controis de alcol e drogas na noite de San Xoán

Tráfico incrementa os controis de alcol e drogas na noite de San Xoán

Haberá controis estáticos nas vilas onde teñan celebracións e controis dinámicos en vías secundarias

Os controis serán en estrada secundaria e treitos especialmente perigosos
G24.gal 23/06/2022 13:38 Última actualización 23/06/2022 13:43

Moitos condutores póñense ao volante despois de consumir algunha substancia psicoactiva e o obxectivo é detectalos para evitar sinistros nas estradas. O alcol e outras drogas non só están relacionados cunha maior accidentalidade, senón que tamén supoñen unha maior mortalidade e lesións máis severas. A eliminación do consumo de alcol e outras drogas contribuiría a reducir a sinistralidade viaria mortal ata un 50 %.

Os axentes da Garda Civil farán máis controis de alcol e drogas entre os condutores durante o xoves 23 e o venres 24. O obxectivo desta medida é reducir a accidentalidade ocasionada por aqueles condutores que circulan polas estradas tras consumir alcol ou calquera outra substancia psicotrópica e detectar a aqueles condutores que poñen en risco a todos.

"Prevese moito desprazamento por vía interurbana, desprazamento corto as zonas de lecer nocturno, en previsión de que a xente que consumira alcol e drogas se poña ao volante imos estar aí para que esas persoas non saian a estrada", afirma Héctor Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico.

Os controis realizaranse a calquera hora do día e en calquera estrada, especialmente en vías convencionais e naquelas nas que o índice de sinistralidade é máis elevado.

Ademais, poñerase especial énfase nos colectivos policonsumidores, aqueles condutores que se poñen ao volante e que consomen alcol e outras drogas. 

"Vai haber uns puntos estáticos nos centros de maior afluencia de xente e outros máis dinámicos para neutralizar os avisos por redes sociais, e ao mesmo tempo poder abarcar máis territorio e un maior numero de vehículos", segundo Teixeira.

Entre os obxectivos da Garda Civil para estes días en materia de alcol e outras drogas está a de realizar o maior número de probas de detección de alcol e drogas posibles. Co obxectivo de anular os avisos en aplicacións e redes sociais que alertan da posición dos puntos de verificación de alcol e drogas, as patrullas do Sector de Tráfico farán controis breves e dinámicos en numerosas vías de comunicación, especialmente en vías secundarias.

O alcol multiplica o risco de accidente por cinco por encima do límite legal, e por máis de 100 cando se excede o límite penal (0,60 miligramos de alcol por litro de aire expirado). Pola súa banda, as drogas de comercio ilegal multiplican o risco entre 2 e 7 veces respecto dos condutores non consumidores.

A Lei de Seguridade viaria fixa as taxas máximas de alcol permitidas para os  condutores en 0,25 mg/l para condutores en xeral e 0,15 mg/l para profesionais e condutores con menos de dous anos do permiso de condución. Así mesmo establece a prohibición de conducir coa mera presenza de drogas no organismo. As sancións económicas que van ata os mil euros e a perda de 6 puntos.

Na vía penal o Código penal tipifica os delitos contra a seguridade do tráfico e establece as con penas para conducir con exceso de alcol ou baixo a influencia de drogas. Ademais da sanción económica establece penas de prisión de tres meses a un ano de prisión, traballos en beneficio da comunidade e privación do dereito de conducir dun ata catro anos segundo o delito e gravidade dos feitos.

Desde o Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia recoméndase levar a cabo todas aquelas accións que implican unha mellora da seguridade viaria. A responsabilidade na redución de accidentes é cousa de todos. Con este operativo, o Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia quere crear unha maior concienciación entre os condutores de que o alcol, drogas e condución son un binomio perigoso e en numerosas ocasións, sinónimos de morte por accidente. O Sector de Tráfico de Galicia realizará este operativo a calquera hora do día e en diferentes puntos de control en todo tipo de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar