Cargando resultados...
Custodia ou acordos de divorcio, a debate nas xornadas sobre Dereito de Familia da Coruña
Custodia ou acordos de divorcio, a debate nas xornadas sobre Dereito de Familia da Coruña
Máis de 100 expertos de toda España participan no congreso organizado polo Consello da Avogacía Galega
Máis da metade das parellas que se separan optan de mutuo acordo pola custodia compartida dos fillos
G24.gal
12/04/2024 14:19
Hai tan só quince anos a custodia compartida dos fillos era a excepción en caso de separación. Hoxe en día, pola contra, aplícase xa de mutuo acordo na metade dos casos, e tamén se concede na gran maioría dos que teñen que chegar a xuízo por desacordos na parella. Unha tendencia que non deixa de medrar favorecida pola evolución sociolóxica e que os expertos aplauden.
Onde si pode haber máis problemas para chegar a un acordo no divorcio é no aspecto patrimonial. As novidades no ámbito do dereito de familia centran unha xornada organizada na Coruña polo Consello da Avogacía Galega, na que participan máis de cen expertos de toda España.