Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 1.000 pediatras reunidos en Ourense piden avanzar no calendario de vacinas

Máis de 1.000 pediatras reunidos en Ourense piden avanzar no calendario de vacinas

Piden que se inclúa na cobertura pública a vacina do rotavirus, a do meningocogo ACWY e da tosferina 

G24.gal 14/04/2023 14:56 Última actualización 14/04/2023 15:59

Os pediatras advirten de que infeccións como a polio e o sarampelo poderian rexurdir en países na nosa contorna se se baixa a garda coa vacinación. É unha das alertas que saen das décimo cuartas xornadas da Asociación Española de Pediatría, que se desenvolven en Ourense con máis de 1.000 especialistas médicos e que deixan tamén boas noticias.

Na AEP celebran que a súa proposta de cobertura e de calendarios vacinais fora confluíndo ata cadrar xa practicamente coa proposta da Comisión Nacional de Saúde Pública.

Para Galicia, estas xornadas serviron para coñecer un pouco máis sobre o protocolo de inmunización dos meniños menores de 6 meses contra a virus respiratorio sincitial. Vai ser con anticorpos monoclonais e calcúlase que esta inmunización vai servir para reducir as hospitalizacións dos lactantes en máis dun 80 %.

"Comezará en lactantes que nacen na estación na que circula o VRS e despois farase un rescate dos lactantes que no momento que se inicie esta estación teñan menos nunha idade determinada, que o habitual e o que recomenda a Asociacións Española de Pediatría son os seis meses de idade", explica Federico Martinón Sánchez, xefe de Pediatría do CHUS e asesor de vacinas da OMS.

Ademais vanse vacinar todos os que teñan máis idade, ata dous anos, se teñen factores de risco adicionais, como enfermidades do corazón, grandes prematuros, etc.

A inclusión no calendario desta inmunización con monoclonais foi eloxiada pola Asociación Españoña de Pediatría, que pediu seguir dando pasos para incluír outras tres vacinas: a do rotavirus, a do meningocogo ACWY aos doce meses e a vacina da tose ferina en adolescentes.

Entre as últimas incorporacións están a do papiloma humano VPH para varóns maiores de 12 e a da gripe entre os 6 e os 59 meses. Tamen fixeron unha chamada a tomar en serio e recoñecer a importancia das vacinas. Alertaron da diminución a escala global dos nenos vacinados contra o sarampelo, que en 2021 provocou 128.000 mortes en todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade