Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 1.200 escolares aprenden seguridade viaria en Santiago

Máis de 1.200 escolares aprenden seguridade viaria en Santiago

Polo parque de tráfico da Policía Local pasan uns 4.500 nenos e nenas ao ano

G24.gal 27/02/2024 14:27

Máis dun milleiro de escolares visitan estes días o parque infantil de tráfico de Amio, en Santiago. Axentes da Policía Local amósanlles as normas básicas de circulación, tanto para os peóns coma para os condutores.

"A estas idades teñen que empezar a saber que se non respectamos a norma, podemos provocar un accidente", afirma o axente Carlos González, do departamento de seguridade viaria. 

En bici, en kart ou a pé, aprenden a circular con seguridade. Logo serán eles os mestres e mestras na rúa: "Insistimos moito nese aspecto de axente multiplicador -di González-, que nos axuden a corrixir os adultos se o fan mal". 

Hoxe son alumnos e alumnas de sexto de primaria, pero as campañas de formación -que levan anos desenvolvendo- diríxense tamén ao alumnado de secundaria e bacharelato. Esta actividade chega cada ano a uns 4.500 rapaces e rapazas de Santiago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade