Publicador de contidos
Publicador de contidos

A A-55 rexistra máis de 130 accidentes ao ano

A A-55 rexistra máis de 130 accidentes ao ano

Nin os seis radares instalados nin os límites de velocidade a 60 km/h conseguiron reducir a sinistralidade

G24.gal 14/02/2022 13:29

A autovía que vai de Vigo ao Porriño necesita melloras urxentes. Os accidentes e as retencións nesta vía que enlaza a cidade con Ourense son continuos. Só o ano pasado o grupo de Emerxencias de Mos tivo que actuar en máis de 130 choques. É neste concello onde se concentran os puntos con maior sinistralidade, na zona das coñecidas curvas de Tameiga.

Non conseguiron reducir os accidentes os continuos parches no firme. Tampouco os seis radares instalados, nin os límites de velocidade a 60 quilómetros por hora. Porque esta A-55 segue sendo unha das autovías máis perigosas de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade