Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 2.200 asistentes no 'The Way Startup Summit' de Vigo, un grande encontro que pretende captar investimentos para novas ideas de negocio

Máis de 2.200 asistentes no 'The Way Startup Summit' de Vigo, un grande encontro que pretende captar investimentos para novas ideas de negocio

O encontro que pretende captar investimentos para novas ideas de negocio

G24.gal 09/05/2024 14:03

Empresas emerxentes que usan medios tecnolóxicos para a comercialización dos seus produtos. Esa é a definición de startups. Máis de 2.200 deses emprendedores, chegados de todo o noroeste penínsular, participan hoxe en Vigo nun grande encontro que pretende captar investimentos para novas ideas de negocio.

 "Traemos máis de cen investidores de todo o ecosistema nacional e de Portugal a que coñezan os 50 principais proxectos que xurdiron este ano en Galicia", declarou Lalo García, organizador de The Way Startup Summit.

The Way Startup Summit é un encontro das empresas emerxentes que xa desbordou todas as expectativas de participación. Son máis de 2.200 persoas as que hoxe seguen presencialmente ou on line este evento que promove negocios, ao poñer en contacto investidores privados, fondos ou bancos coas novas ideas empresariais.

O futuro da mobilidade, o sector aeroespacial, as startups biotecnolóxicas e en especial as dedicadas ao agro e ao rural son a maioría das que se están a crear en Galicia.

"Por iso vimos presentar hoxe aquí o mapa do emprendemento, que é unha páxina web na que imos localizar todo o ecosistema emprendedor. En Galicia somos moitos e facemos as cousas ben. Na Xunta asesoramos gratuitamente os emprendedores e apoiamos especialmente os proxectos nas zonas rurais", anunciou Pablo Fernández, o Secretario xeral de Emprego.

"En 2030 cremos que boa parte do PIB galego vai estar representado polo que hoxe son startups, pero que pouco a pouco van medrando, como o caso de Devo, que en 2000 iniciou a súa startup e que hoxe levanta unha rolda de investimentos de máis de 200 millóns de euros", Lalo García, organizador de The Way Startup Summit.

Algúns deses exemplos de éxito poden coñecerse nun congreso deseñado para que  os negocios flúan con axilidade e que se desenvolve simultaneamente en tres salas do Pazo da Oliveira. Hoxe son xa 500 startups en Galcia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade