Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 300 artistas participarán nos "Concertos do Xacobeo"

Máis de 300 artistas participarán nos "Concertos do Xacobeo"

Actuarán recoñecidos artistas como Rosalía, Luis Fonsi, Marc Anthony, C. Tangana, Imagine Dragons ou a banda británica Muse

Tamén figuras do panorama musical galego coma Iván Ferreiro, Xoel López ou Tanxugueiras

A oferta musical inclúe uns 70 eventos nas catro provincias galegas durante sete meses

G24.gal 30/04/2022 14:56

"Un Xacobeo unido polo camiño e pola música" cunha "programación única". Con esta idea  presentábase este mediodía en Compostela a programación de Concertos do Xacobeo.

Actuarán recoñecidos artistas como Rosalía, Luis Fonsi, Marc Anthony , C. Tangana, Imagine Dragons, a banda británica Muse, tamén figuras do panorama musical galego coma Iván Ferreiro, Xoel López ou Tanxugueiras, entre outras.

O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, foi o encargado de facer a presentación acompañado, entre outros, do conselleiro de Cultura en funcións e do alcalde de Santiago.

A Xunta incide en que deseñou un espectáculo descentralizado que quere dar protagonismo ao carácter global dun evento internacional como é o Xacobeo e que se espalla por todos os recunchos de Galicia. 

Durante sete meses, vilas e cidades de toda a comunidade gozarán dunha oferta musical que inclúe uns 70 eventos musicais nas catro provincias galegas durante sete meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade