Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 400 parellas participan no Máster de Futbolín de Rábade

Máis de 400 parellas participan no Máster de Futbolín de Rábade

Participan os xogadores con máis títulos de España

Repártense 5.350 euros en premios entre os gañadores

G24.gal 15/04/2022 20:12

Unha mestura de forza, habilidade, concentración e compenetración co compañeiro. Así definen o seu deporte os participantes nesta edición número 23 do Máster de futbolín de Rábade. Desta volta bateron todos os récords e son 400 as parellas participantes chegadas dende toda a xeografía española. A presenza de mulleres é cada vez máis habitual e xa hai competición feminina e mixta.

Despois de dous anos, xa había moitas ganas de volver sentir a adrenalina da competición e a afluencia foi masiva e coa presenza dos mellores xogadores de España. Dende a organización están moi satisfeitos coa participación e con poder contar cos grandes campións.

Con tal cantidade de xogadores semella que a competición vai estar reñida pero os grandes favoritos sinalan que poder volverse xuntar despois dos anos de pandemia xa é un triunfo. Con todo, resístense a explicar os seus segredos do xogo.

O Máster deu comezo onte e vaise prolongar ata o domingo. Os gañadores das distintas fases vanse repartir máis de 5.300 euros en premios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade