Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 600.000 persoas visitaron Galicia en xullo, superando a prepandemia

Máis de 600.000 persoas visitaron Galicia en xullo, superando a prepandemia

A estancia media de cada visitante foi de 2,12 días

G24.gal 24/08/2022 16:29

Confírmase a recuperación do sector turístico. Galicia superou en xullo os turistas que tiña antes da pandemia. Medraron tanto as pernoitas como de viaxeiros neste xullo, con respecto ao mesmo mes de 2021. 

En Galicia rexistráronse no mes de xullo máis dun millón trescentas mil pernoitas en todos os tipos de aloxamentos: hoteis, cámpings, apartamentos turísticos e de turismo rural. A provincia de Pontevedra está á cabeza das 4 galegas. 

E un dato máis, os prezos subiron máis dun 16 %, polo que os hoteis españois facturaron unha media de 121 euros por cuarto.

Visitáronnos o mes parado 615.150 persoas, un moi bo dato comparado co apenas medio millón que recalaron na comunidade no mesmo mes do ano pasado. 

A estancia media de cada visitante foi de 2,12 días en Galicia. E se escollemos a cidade que presenta mellores datos de ocupación media, esa é Santiago con case o 70 %.

E o dato menos positivo dáse precisamente nesta provincia, en Ourense, onde a ocupación media no mes de xullo estivo no 34 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade