Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 800 emigrantes poderán regresar a Galicia cun traballo asegurado

Máis de 800 emigrantes poderán regresar a Galicia cun traballo asegurado

A maioría son profesionais de gran cualificación e de sectores moi demandados polas empresas galegas

A súa volta será posible grazas ao programa Retorna posto en marcha pola Fundación Nortempo en colaboración coa Xunta de Galicia
 

G24.gal 26/09/2023 14:35

A iniciativa resulta moi atractiva para o mundo empresarial, que na actualidade sofre unha crise pola falta de man de obra. As empresas demandantes pertencen a sectores moi diferentes. 

Son máis de oitocentas persoas as que xa poderían comezar a traballar en Galicia nos próximos meses. Todos eles son emigrantes ou descendentes destes que queren retornar. Moitos son profesionais de gran cualificación, como enxeñeiros e médicos.

O programa Retorna ten como obxectivo facilitar o regreso de 30.000 persoas. O Goberno galego, impulsor da iniciativa, xa lle pediu ao executivo central que promova a homologación dos títulos universitarios doutros países. 

A maioría proceden da Arxentina, O Uruguai, Venezuela ou Cuba, veñen cun contrato laboral dun ano como mínimo, ademais de asesoramento e formación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade