Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 200 vehículos implicados nun choque en cadea na China pola néboa

Máis de 200 vehículos implicados nun choque en cadea na China pola néboa

Polo momento non hai notificación de persoas falecidas

Houbo que liberar once ocupantes de varios vehículos

G24.gal 28/12/2022 07:52

Máis de 200 vehículos víronse implicados nunha colisión múltiple na provincia de Henan, no centro da China, causada por unha densa néboa que limitaba a visibilidade, segundo informaron as autoridades de tráfico provinciais.

O sinistro sucedeu na ponte de Zhengxin, que cruza o río Amarelo e que ten unha lonxitude de 9,1 quilómetros.

Un número indeterminado de feridos foron trasladados a hospitais próximos, segundo notificaron as autoridades, que non detallaron ningún falecemento polo momento.

Polo menos once persoas que quedaran atrapadas nos seus vehículos foron rescatadas segundo  informou o Departamento de Bombeiros de Zhengzhou, a capital provincial. (Axencia EFE)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade