Máis dun cento de persoas chegan a Santiago no VIII Camiño da Diversidade
Máis dun cento de persoas chegan a Santiago no VIII Camiño da Diversidade
A iniciativa busca visibilizar e fomentar a integración sen exclusións
O oitavo Camiño da Diversidade reuniu este sábado arredor de 130 persoas. Partiron de Ames para chegar ao Obradoiro.
É un percorrido de quince quilómetros, pola integración sen exclusións, organizado pola Fundación INGADA, o Instituto Galego do Trastorno por déficit de atención e hiperactividade. A andaina incluíu paradas para gozar de actividades e sorpresas, como un concurso de música.
Algúns membros da Fundación facían un chamamento á empatía, mentres outros comentaban que a actividade de hoxe lles achegara diversión e tranquilidade e animaban a máis xente a formar parte da Fundación.
Desde INGADA invitan a cidadanía a sumarse o ano que vén á novena edición deste Camiño da Diversidade.