Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis servizos e máis puntualidade, a demanda dos usuarios de tren en Galicia

Máis servizos e máis puntualidade, a demanda dos usuarios de tren en Galicia

Nunha reunión coa Conselleira de Infratestruturas demandaron tamen coordinación cos concellos para mellorar as conexións con transporte urbano

G24.gal 23/01/2024 14:58

Os abonos gratuítos para viaxar en tren supuxeron un incremento de máis de 2 millóns de viaxes en Galicia en 2023. Decenas de miles de persoas usan agora este medio de transporte de xeito habitual para desprazarse ao seu lugar de estudo ou de traballo. Hoxe, usuarios de diferentes puntos de Galicia trasladáronlle á conselleira os inconvenientes que atopan nestas viaxes.

"En Galicia son 80.000 persoas as que contan cos abonos. É polo tanto a cuarta comunidade con máis solicitudes. E os problemas é certo que non son novos, pero estanse agravando", puntualizou Ethel Vázquez, a conselleira de Infraestruturas.

O que demandan os usuarios é máis oferta de horarios e máis puntualidade nos trens. Pero tamén coordinación cos concellos para evitar atascos e demoras nas conexións urbanas.

"Quedamos satisfeitos porque a Xunta toma doutro xeito esta parte de coordinación de servizos para evitar desprazamentos dos vehículos privados ás estacións", declarou Iria Méndez, a voceira da Platafaforma de Usuarios do Tren en Galicia.

Piden tamén máis facilidades para o uso de bicis, patinetes ou, no caso de Vigo, coas conexións marítimas co Morrazo. Canto a Renfe, subliñan os usuarios que en concreto faltan frecuencias á primeira hora da mañá e que están cansos das avarías.

"É algo que nos ten moi enfadados porque non nos parece que desde que o Goberno ditaminou en 2023 un plan de puntualidade, o único que vemos é unha ampliación de tempo", engadiu Iria Méndez, a voceira da Platafaforma de Usuarios do Tren en Galicia.

A conselleira comprometeuse a mediar cos concellos, Renfe e o Adif.  Rexeitou a demanda da Plataforma de Defensa do Ferrocarril para que a Xunta asuma a xestión do FEVE e pediu que o Ministerio cumpra con plan de renovación de rodantes de 2018 na liña Ribadeo-Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade