Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este martes comezan as obras de renovación do firme da autovía Santiago-Brión

Este martes comezan as obras de renovación do firme da autovía Santiago-Brión

Durarán catro meses e obrigarán a cortes parciais do tráfico

G24.gal 24/04/2023 14:34

A autovía AG-56, que une Santiago e Brión, unha das máis transitadas de Galicia, vai estar parcialmente cortada desde mañá.

Vai ser un corte parcial, pero que se fará notar porque desde esta zona oeste -desde Bertamiráns e tamén desde O Milladoiro-As Galanas- calcúlase que acceden á capital de Galicia diariamente uns 25.000 vehículos, concentrados a maioría nas horas punta da entrada e saída do traballo.

As obras están destinadas á renovación deste firme da AG-56, e tamén do da vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas. Suporán 5,9 millóns de euros de investimento e inclúen o fresado e reposición de 5 cm da capa de rodadura.

Para realizalas vai ser preciso cortar puntualmente o tráfico nun carril desta AG-56, e desviar o tráfico polo carril do mesmo sentido. Tamén haberá cortes simultáneos dos dous carrís, co cal se irá alternando o tráfico en ambos sentidos.

As obras van durar catro meses: maio, xuño, xullo e parte de agosto, o que tamén é significativo porque esta autovía dá acceso a unha das principais zonas de praia dos composteláns.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade