Publicador de contidos
Publicador de contidos

As persoas nadas en 1943 e 1958 comezan a vacinarse contra o herpes zóster

As persoas nadas en 1943 e 1958 comezan a vacinarse contra o herpes zóster

Cada ano iran poñéndoa as que vaian cumprindo 65 ou 80 anos

A pauta desta vacina é de dúas doses separadas por dous meses 

G24.gal 09/04/2023 19:11 Última actualización 09/04/2023 19:32

Con dous meses de antelación sobre o calendario previsto, este luns a Xunta comeza a poñer a vacina contra o herpes zóster ás persoas que neste 2023 cumpran 65 anos ou 80 anos. É dicir, que se van vacinar os nados en 1943 e 1958.

A partir de aquí, cada ano recibirán o soro as persoas que vaian chegando a esa idade, os 65 anos e os 80.

Ademais mantense a administración a persoas maiores de 18 que pertenzan a grupos de alto risco como transplantadas ou as que reciben quimioterapia. A pauta desta vacina é de dúas doses separadas por dous meses polo menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade