Publicador de contidos
Publicador de contidos

O transporte marítimo a Ons e ás Cíes podería restablecerse este venres

O transporte marítimo a Ons e ás Cíes podería restablecerse este venres

As navieiras, Nabia e Mar de Ons, recuperan mañá as viaxes ás Cíes desde Vigo e desde Cangas

Nabia recupéraas tamén mañá a viaxe a ONS dende Bueu, e Mar de Ons ten previsto ter barcos xa dispoñibles desde Sanxenxo e Portonovo a partir do sábado

G24.gal 28/03/2024 14:30

Vaise restablecendo así a normalidade despois de tres días en que estas viaxes ás Illas Atlánticas tiveron que ser suspendidas por mor do mal tempo. Foron días de moito traballo para os operarios destas navieiras que se puxeron en contacto con todas as persoas que tiñan billetes reservados para ofrecerlles o reembolso ou a reprogramación da viaxe. 

"Ofrecéndolle unha alternativa ou ben a viaxe para outro día, agora temos viaxes a partir de mañá e o que resta de Semana Santa e as fins de semana, e a partir de maio a diario. Os locais prefiren adiar pero os doutras comunidades escollen a devolución dos cartos porque ao mellor non van estar aquí", explica Noelia Iglesias, coordinadora da navieira Mar de Ons.
 

E infórmanos tamén de que mañá mesmo van poder recuperar algúns dos barcos, aos poucos que se achegan á billeteira, de xeito presencial.

"Mañá, exacto. Temos rutas cara ás Cíes desde Vigo ou Cangas e para viaxar á illa de Ons desde o porto de Bueu", explicou Remedios Pérez, traballadora da navieira Nabia.

Se as condicións acompañan, desde o sábado tamén se poderá viaxar a Ons desde Portonovo e Sanxenxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade