Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manifestación en Palas de Rei contra o proxecto de Altri

Manifestación en Palas de Rei contra o proxecto de Altri

Baixo o lema "Dende a Ulloa ata a ría, auga e aire son vida", os manifestantes, que desbordaron Palas, percorreron a distancia desde o polígono industrial ata o centro

Manifestación este sábado en Palas
G24.gal 26/05/2024 13:43 Última actualización 26/05/2024 23:22

Milleiros de persoas participaron ao berro "Altri Non" na protesta contra o proxecto dunha macrofábrica de celulosa que a empresa de capital portugués pretende instalar na vila.

A marcha, convocada pola Plataforma Ulloa Viva, quixo escenificar a posición contraria ao proxecto da fábrica de fibras téxtiles neste municipio lugués.

Os asistentes saíron do polígono industrial, a onde chegaron autobuses procedentes das catro provincias galegas, e rematou na praza da feira. Os participantes avisan de que a planta de Altri podería ocasionar problemas de saúde pública e contaminación para o río Ulla e a ría de Arousa.

Aseguraban que a celulosa de Altri  "é un atentado ao noso xeito de vivir".

Á convocatoria sumáronse asociacións veciñais, colectivos ecoloxistas, sindicatos e representantes políticos de forzas coma BNG, Sumar e Podemos.

Os asistentes á marcha contra Altri no centro de Palas Os asistentes á marcha contra Altri no centro de Palas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade