Mantense a folga dos servizos de asistencia en terra de Iberia logo dunha frustrada reunión
Mantense a folga dos servizos de asistencia en terra de Iberia logo dunha frustrada reunión
A parada prodúcese durante a tempada de Reis
A folga dos traballadores do servizo de asistencia en terra (coñecido como 'handlig') mantense convocada para os próximos 5, 6, 7 e 8 de xaneiro, logo de que a reunión deste mércores de Iberia cos sindicatos rematara sen acordo.
O motivo da parada é que Iberia perde este servizo en varios dos principais aeroportos españois, no concurso resolto polo xestor aeroportuario Aena en setembro.
Así, finalizaron sen acordo as negociacións para realizar neles 'autohandling' (consiste na prestación do servizo de asistencia en terra dunha compañía aérea a si mesma).
Pola súa parte, Iberia asegura que os traballadores teñen garantidos os seus dereitos laborais e salariais. A única solución que contemplan é a subrogación ás empresas adxudicatarias do concurso de Aena. Ademais, sinala que continuará coas negociacións só se se desconvoca a folga tras o fracaso da reunión.
As paradas causaron a cancelación de 444 voos, afectando máis de 45.600 pasaxeiros, aínda que o grupo Iberia informou o martes que dera xa solución ao 90,9 % dos viaxeiros afectados polos paros. Asignaron ao 80,2 % novos voos e reembolsando os billetes ao 10,7 %.
A folga está convocada polos sindicatos CCOO e UXT, así como por USO.