Cargando resultados...
Manu Ochoa, o único supervivente español nos cuartos de final do caiac cros
Manu Ochoa, o único supervivente español nos cuartos de final do caiac cros
Este luns, ás 15:52 horas, ten a carreira para meterse nas semifinais e comezar a pensar nas medallas
G24.gal
04/08/2024 16:15
O tomiñés Manu Ochoa xa está nos cuartos de final dos Xogos Olímpicos na modalidade de Caiac Cros. O padexeiro galego foi o máis rápido na serie dos oitavos de final que compartía co seu compañeiro de selección Miquel Travé, que quedou eliminado ao ocupar a última posición.
Só os dous máis rápidos tiñan o premio de meterse nos cuartos e Ochoa impúxose realizando un gran descenso. O luns, ás 15:52 horas, terá outra baixada na que pode comezar a soñar coas medallas. Compartirá a serie co británico Clarke, co Eslovaco Grigar e co checo Prskavec.